Quiosco: O Heraldo de Vivero dedica un número monográfico a Nicomedes Pastor Díaz

Celebra o 200 aniversario do nacemento do escritor

10/10/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturaQuiosco
60 lecturas | Compartido 0 veces

O decano dos semanarios locais de Galicia, o Heraldo de Vivero, dedicou o seu número 3770 á vida de obra dun ilustre escritor desta vila da Mariña luguesa: Nicomedes Pastor Díaz, co gallo do 200 aniversario do nacemento do escritor. Con artigos de Xesús Alonso Montero, Fausto Galdo, Pablo Mosquera, Emilio Xosé Ínsua ou Enrique Cal Pardo, o especial aborda aspectos literarios e biográficos ao redor da figura do autor. Grazas ao director do Heraldo de Vivero, Juan Carlos Neira Brochs, podemos ofrecer o número para a súa descarga gratuíta.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas