Vilas da ría de Arousa celebran o 134 aniversario do nacemento do escritor

Feliz aniversario

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Cambados, Vilanova, Vilagarcía e A Pobra conmemoran estes días o CXXXIV aniversario do nacemento do escritor. E fanno organizando ciclos de conferencias, concertos, representacións teatrais e a presentación dunha guía que fai un percorrido pola súa obra literaria.


Amigos de Valle Inclán


A asociación de Amigos de Valle Inclán e o concello de Vilanova de Arousa organizan ata o día 28 de outubro un ciclo de conferencias ó redor da figura do escritor. O próximo día 27 na Casa da Cultura, Xosé L. Axeitos establecerá unha ponencia comparativa entre a erudición de Ramón de Valle e Manuel Murguía. O ciclo remata o día 28 de outurbo cunha conferencia de Javier Serrano "Valle-Inclán inquedante: Defensa e loita polo modernismo".

A Pobra do Caramiñal

Teatro, música, conferencias e poesía centran os principais actos que o concello da Pobra do Caramiñal ten previsto realizar conmemorando o nacemento do seu fillo ilustre. Os actos comezaron onte coa presentación dunha guía sobre a súa traxectoria literaria, e continúan hoxe cunha ponencia do presidente da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo "Calle Inclán e castelao ". O programa continúa o venres cun concerto do trío Solemnis e o sábado terá lugar unha ofrenda floral ante o monumento do escritor. Os actos rematan o domingo coa representación da obra de Cunqueiro "Os feirantes".

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ría de Arousa, Guía, Vilanova, Vilagarcía...