Ourense reúne profesionais para explorar novas vías de circulación e distribución audiovisual

O proxecto Imagina Atlántica comeza a crear iniciativas conxuntas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O vindeiro xoves e venres, 13 e 14 de outubro, o Centro Cultural da Deputación de Ourense acollerá dous seminarios técnicos destinados a analizar a distribución audiovisual e o intercambio entre festivais de cine. No primeiro caso, sobre distribución audiovisual, contarán coa presenza de destacados especialistas como Fréderic Cros, Director Xeral do Polo da Imaxe de Angouleme, especializado no sector da animación e os videoxogos. No seminario de intercambio de festivais participarán representantes de festivais franceses, galeses, portugueses e galegos. Os seminarios están promovidos dentro do proxecto IMAGINA ATLANTICA, que tenta promover a iniciativa empresarial transnacional no ámbito do audiovisual.

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Unha visión atlántica

Unha visión atlántica

O Eixo Atlántico promove un Clúster do Audiovisual para empresas e educación entre Galicia, Portugal, Francia, Inglaterra e Irlanda

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Animación, Deputación de Ourense

Claves

Conceptos
Lugares