O obxectivo: dinamizar o sector do audiovisual e da banda deseñada, crear mercados onde non os hai e establecer sinerxias. “Non é un traballo doado”, asegura Xoán V. Mao, secretario do Eixo Atlántico, promotor do proxecto IMAGINA, que busca promover un clúster cultural no espazo atlántico, “pero o obxectivo é reunir a empresas, universidades e institucións públicas para promover unha identidade atlántica”. A primeiros de mes celebrouse no Porto a primeira das reunións, na que participaron 49 entidades de Galicia, Portugal e Francia. Posteriormente tamén se incorporará Gales e Irlanda.
“IMAGINA é fundamentalmente un clúster tripartito”, asegura Xoán V. Mao, “de empresas, universidades e administracións públicas do ámbito atlántico”. Está realizado con cargo aos fondos FEDER de desenvolvemento e ten garantidas as súas actividades ata 2012. O primeiro paso foi a subscrición dun convenio entre universidades e centros formativos galegos, portugueses e as da cidade francesa de Angoulême para traballar conxuntamente en investigación, intercambio de profesores e estudantes e obtención de financiamento europeo para actividades de creación. Entrementres, as empresas celebraban un encontro para planificar tamén futuros encontros. Mao, sen embargo, quéixase da falta de recepción nalgunhas partes do sector. “Algunhas entidades decepcionáronnos profundamente”, sinala Xoán V. Mao. O secretario do Eixo sinala ao Clúster Audiovisual Galego pero tamén a AGADIC. “Hai institucións máis preocupadas do urxente que do importante”, indicou Mao.
O Clúster do Audiovisual
Como funcionará este Clúster? Mao non aposta por unha estrutura non demasiado rÃxida: “ Aquà non hai receitas. Estes son sectores vivos e dinámicos. O dinamismo implica que ti te moves e non sabes en que dirección tes que moverte. O que hai é unhas normas xerais para crear estruturas e a partir de aà son as entidades as que definen as estruturas”. Na filosofÃa de partida, o obxectivo non é tanto interaccionar coa administración como facer compartir recursos entre empresas: “pretendemos que o cluster funcione como un dinamizador, pero como un dinamizador darwinista. Se queremos saÃr da crise temos que ter sectores competitivos e solidarios”. O obxectivo é coordinarse para obter financiamento europeo do programa MEDIA II de apoio á produción audiovisual, “escasamente aproveitado nas producións de animación, por exemplo”.
O curioso é que o Clúster parte dun contorno moi desestruturado nas súas relacións previas, malia as tradicionais relacións culturais que se consideran entre Portugal pero tamén coa Bretaña e as Illas Británicas. “Apenas hai unha relación previa entre empresas ou institucións, iso hai que construÃlo”, sinala Mao, “e unha diferencia importante está mesmo nas comunicacións. Esta é unha zona que non ten comunicacións directas, a diferencia das principais cidades do Mediterráneo”.
Os festivais e a BD
Os creadores do proxecto do Clúster Cultural do Espazo Atlántico poñen moito a ollada nos Festivais. “Son o instrumento de comercialización do produto”, asegura Xoán V. Mao, e é fundamental que traballen en rede. Estamos descubrindo que temos unha inmensa cantidade de festivas que son puro voluntarismo. Nós o que queremos é axudar á concentración e especialización de festivais”. No Clúster
Para Mao, o caso da banda deseñada é un exemplo claro do que expoñen. “O mellor Salón que temos en Galicia é Viñetas desde o Atántico”, di Mao, “pero ¿cantos contratos se pechan na Coruña? Cero? Aquà o bacallao véndese en Barcelona”. A idea de Mao é convencer ao festival de banda deseñada de Angoulême, o principal de Europa, para traballar en clúster con Galicia e traer parte da súa programación a Galicia. “O obxectivo serÃa ter un salón galego que en termos económicos fose o segundo de España”.