A Xunta non convocará os certames Xuventude Crea este ano

A convocatoria adíase a 2012 con recortes orzamentarios

Cartel da edición 2010 dos certames Xuventude Crea
Cartel da edición 2010 dos certames Xuventude Crea
Nin banda deseñada, nin premio Tesoira de novos deseñadores, nin teatro nin música nin poesía nin videocreación. Como xa temían moitos sectores por mor do atraso na súa convocatoria, Xuventude Crea, o Certame galego de Creadores Novos, non se convocará este ano en ningunha das súas categorías. Segundo confirma a Consellaría de Traballo e Benestar, os galardóns considerados dos máis importantes e mellor dotados do país nos seus diferentes ámbitos, sofren tamén os recortes orzamentarios e están nunha fase de reformulación. Desde a Consellaría sinalan que aínda non está decidida a fórmula da convocatoria para 2012, a contía nin as categorías que se desenvolverán.

Os certames contarán cun orzamento de 200.000 euros na súa edición 2010, dos que preto da metade foron para o Premo Tesoira de novos creadores de moda. Canda a isto convocáranse galardóns de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos, con premios de 5.500 euros na maior parte destas categorías.