Estréase a tv movie da TVG sobre Pardo Bazán

5.000 exemplares de A condesa rebelde distribuiranse en centros de ensino

29/9/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
34 lecturas | Compartido 0 veces
O Teatro Rosalía de Castro, na Coruña acollía onte a estrea da tv movie A condesa rebelde, na que se retrata a Emilia Pardo Bazán. O filme, unha coprodución da TVG e de Zénit Televisión, está dirixido por Zaza Ceballos e protagonizado por Susana Dans. A Secretaría Xeral de Igualdade distribuirá por centros de ensino de todo o país 5.000 copias desta produción e editará material didáctico para afondar nos valores da igualdade a partir da figura esta esritora.
Para saber máis
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universos