A Coruña revisa a traxectoria histórica do feminismo

As xornadas Contra vento e marea comezan mañá na Casa Museo Emilia Pardo Bazán

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Son unha serie de conferencioas, debate, teatro, danza e intervencións artísticas agrupadas baixo o lema "Contra Vento e Marea. Verbas e pegadas dos feminismos", que se celebrarán os días 3, 4, 10, 11, 17 e 18 de setembro na Casa Museo Emilia Pardo Bazán da Coruña co financiamento da Concellería de Igualdade e a Deputación. As xornadas teñen por obxectivo reivindicar a figura da escritora e primeira catedrática española dunha universidade, Emilia Pardo Bazán, e percorren a traxectoria dos movementos feministas desde o seu nacemento, prestando unha especial atención a Galicia.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilia Pardo Bazán, A Coruña, Igualdade, Danza...

Claves

Protagonistas
Lugares