Volta Curtocircuíto a Compostela

O Play-Doc de Tui abre a convocatoria para participar na súa vindeira edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

+Curtocircuíto é o nome do ciclo co que o coñecido festival de curtametraxes que se celebra en Compostela encara este outono. Os Centros Socioculturais da cidade acollerán ata o vindeiro mes de decembro cinco programas: Palmarés Curtocircuito 2011, Premios Goya 2011, Panorama Galicia, Os Superheroes Non Sempre Levan Capa e Best of Reino Unido. Ao tempo, outro veterán dos festivais galegos, o Play-Doc de Tui, acaba de abrir a convocatoria para os interesados en presentar traballos á súa vindeira edición. O prazo está aberto ata o 30 de novembro, e o festival celebrarase o vindeiro mes de marzo.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Curtocircuíto, Play-Doc, Tui, Premios Goya...