Música, viño e poesía celebran a Cunqueiro na súa terra natal

O programa de Cunqueiro. Estación Mondoñedo comezou o pasado mes de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Música, viño e poesía celebran a Cunqueiro na súa terra natal

Comezou cunha obra de teatro e un faladoiro no pasado mes de agosto. Agora, o programa Cunqueiro. Estación Mondoñedo entra na súa fase máis festeira coa celebración cunha cata de viño, o vindeiro día 22 guiada por Xavier Castro na que se abordará a vertente gastronómica do autor. A seguir, o programa propón, ata o vindeiro 22 de decembro, un circuíto de cantos tabernarios, o concerto de o Home Orquestra Zé Pantasma, o mercado poético Untares galegos ou actaucións musicais de Paulina Ceremuzynska e César Morán. Un orixinal xeito de se achegar á obra deste literato con ocasión do seu centenario.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mondoñedo, Poesía, César Morán, Teatro

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares