Mondoñedo lembrará a Cunqueiro con A noite de Merlín

Unha macrorrepresentación teatral e diferentes actos conmemorarán o escritor o 17 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O vindeiro 17 de decembro Mondoñedo mobilizarase para lembrar a Álvaro Cunqueiro. A Deputación de Lugo acollía esta mañá a presentación do programa A noite de Merlín, un proxecto no que destaca a realización dunha macrorrepresentación teatral que contará con máis de 200 participantes. A iniciativa, coordinada pola Asociación Abrindo Camiño, recreará unha comitiva do pobo das Terras de Miranda, o seu recebemento polo gobernador, a chegada á casa de Merlín e as historias de Merlín e familia. O programa complétcase cunha sesión de pirotecnia, unha queimada multitudinaria e mais unha mesa redonda sobre o traballo de Cunqueiro.

A noite de Merlín era unha actividade que xa se desenvolvera no Concello de Mondoñedo ao longo dos anos noventa, e que se recuperou de xeito especial a coincidir co centenario de Cunqueiro, neste 2011. Precismente no transcurso do programa proxectarase un audiovisual sobre as anteriores edicións do evento.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro Cunqueiro, Deputación de Lugo, Concello de Mondoñedo