O Concello da Coruña programa unha semana de homenaxe a Cunqueiro

Concertos, recitais e teatro compoñen o programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Coruña pasará a vindeira a lembrar a Cunqueiro. A Concellaría de Cultura fixo público hoxe o programa co que homenaxeará o mindoniense. Cinco días con Cunqueiro comprende dúas representacións teatrais de O incerto señor don Hámlet a cargo de Sarabela Teatro, ademais dunha charla musicada de César Morán sobre este autor e a intervención de Miguel Mato sobre o documental Don Cunqueiro ou o camiño da memoria. Finalmente, un recital a cargo de Yolanda Castaño, Antón Reixa, Xavier Seoane e mais Lino Braxe con Rómulo Sanjurjo completan o programa.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Incertezas

Incertezas

Sarabela Teatro suspende a función da Feira polo pasamento de Suso Díaz

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Concello da Coruña, Lino Braxe, Rómulo Sanjurjo...