A estrea de O incerto señor Don Hamlet no Teatro Colón no 59 marcou a miña decisión de dedicarme ao teatro no resto da miña vida afirma o dramaturgo Manuel Lourenzo. Menos decisiva foi a influencia que a obra deixou en Ánxeles Cuña quen dirixiu a adaptación que Sarabela Teatro fixo tempo atrás desta obra, unha das máis destacada da literatura galega. Todos eles, xunto con Laura Tato e Euloxio Ruibal falarán mañá da obra dramática de Álvaro Cunqueiro. É un dos faladoiros convocados para lembrar a súa figura cando se cumpren cen anos do seu nacemento.
Poeta, xornalista, narrador pero tamén dramaturgo. Esta última faceta é a que analiza o faladoiro A obra dramática de Álvaro Cunqueiro, un coloquio que terá mañá na Coruña (Palexco, 19:00 horas), coordinador por Henrique Monteagudo, co que se pretende homenaxear ao escritor minodinense co gallo do centenario do seu nacemento. Culturagalega.org falou con algúns dos presentes nesa mesa redonda para que sinteticen as ideas principais que abordarán nese coloquio.
Manuel Lourenzo: Cunqueiro tiña un sentido da totalidade
A estrea de Don Hamlet no Colón no 59 marcou a miña decisión de dedicarme ao teatro no resto da miña vida e por iso fago unha exposición apaixoada explica Manuel Lourenzo para quen Cunqueiro, xunto con Otero Pedrayo, son os grandes clásicos da literatura galega. Na súa opinión é un gran coñecedor do teatro, que considera en sentido amplo e que exhibe gala da oralidade, da desmesura e da grandeza do ser.
Ánxeles Cuña: facer visible o invisible
A miña intervención fai de facer visible o invisible, unha proposta de posta en escena. Facer teatro arredor da responsabilidade humana arredor dun mundo en descomposición non é nada doado sobre todo cando vivimos en tema de descomposición política, social e relixiosa explica Ánxeles Cuña que, á fronte de Sarabela Teatro acometeu a tarefa de levar este clásico (O incerto señor Don Hamlet) enriba das táboas porque cremos que o tema ten absoluta vixencia, xa que trata de rexeitar os estados criminais, xa que os habitantes de Elsinor están fartos dos seus gobernantes corruptos.
Euloxio Ruibal: a identidade
Na súa intervención Ruibal comezará falando dos aspectos temáticos na obra de Cunqueiro. A identidade é un dos temas máis importante que tratou amplamente nas súas obras explica ao tempo que puntualiza que hai outras temáticas universais como o amor, a morte, os ciumes, o incesto. Tamén as personaxes, porque na obra de Cunqueiro hai abondosos personaxes arquetípicos que o diferenza de outros autores e tamén hai que poñer en consideración, explica Ruibal.
Os outros faladoiros
Co de mañá son sete os faladoiros que se teñen realizado en diferentes lugares do Estado sobre distintos aspectos relacionados coa vida e obra de Cunqueiro. A vindeira cita terá lugar en Barcelona, o 15 de setembro, co obxectivo de afondar nas relacións que desenvolveu coa cultura catalá. Despois chegarán dúas sesión para analizar a súa produción no contexto do franquismo (Pontevedra, 6 de outubro) e o seu recoñecible universo mítico: o mundo céltico e bretón na obra de Álvaro Cunqueiro (Ferrol: 3 de novembro). Pechan os faladoiros, unha xornada na que analiza a súa faceta como xornalista (Vigo, 1 de decembro).