Unha historia sobre a supervivencia gaña o concurso de curtametraxes Tripomant na Cidade

Está convocado pola delegación santiaguesa do COAG e dúas empresas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Unha historia sobre a supervivencia gaña o concurso de curtametraxes Tripomant na Cidade

Unha muller vaga polas rúas dunha cidade, un periplo que nos axuda a descubrir a arquitectura dese espazo. Este é o argumento de Tripo[wo]man [t]iempos de supervivencia, curtametraxe que acaba de gañar dous dos premios do concurso que organizan a Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), o estudo de arquitectura k2c arquitectas e a empresa de illamentos Tripomant¬. Este traballo realizado por Carlos di Felice e Marcos Hermida, gañou o primeiro premio (1.500 euros) e o do público (500 euros). O segundo premio (1.000 euros) foi para Tie Lapses 2, de Jesús Antonio Ben , realizado con imaxes aceleradas do ensache de Santiago de Compostela. A entrega de premios e proxección dos traballos a concurso terá lugar na sede da Fundación Novacaixagalicia- de Santiago (rúa do Vilar, 19), o mércores, 5 de outubro, ás 20:00 horas.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Sete camiños e un día

Sete camiños e un día

Os arquitectos celebran o seu día ofrecendo a súa visión sobre o Camiño de Santiago

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con COAG, Arquitectura, Colexio de Arquitectos de Galicia, Rúa do Vilar...