Comeza en Carballiño o oitavo Festival de Teatro Galego que premia a Ánxeles Cuña

Teatro do Noroeste e Teatro do Morceo estrean as ultimas producións no marco do festival

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A cita co teatro galego arrinca hoxe no Carballiño. E será a ritmo de estrea, xa que Teatro do Noroeste presenta Último Cowboy, unha comedia sobre as relacións familiares protagonizada por Luma Gómez e Miguel Pernas. No programa destaca outra preestrea, a de American Café que prepara Teatro do Morcego sobre a xenofobia, o alcol e o amor na América profunda. Pelos na lingua de Talía Teatro , os espectáculos e rúa e o obradoiro A emoción a escena completan o programa deste encontró. Ademais, o venres terá lugar a habitual entrega de Premios de Fetega (Federación de Teatro Galego Amateur) que este ano recoñece a Ánxeles Cuña co seu Premio de Honra. Entregaranllo no transcurso dunha gala que amenizará Carlos Blanco co seu Ordem e Progresso.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Polos pelos

Polos pelos

Talía teatro ironiza sobre os abusos que sofre o galego en Pelos na lingua

El (máis) ela

El (máis) ela

Teatro do Noroeste aborda as relacións persoais na súa montaxe Último Cowboy

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Carballiño, Teatro do Noroeste, Luma Gómez...