El Tricicle abre a proposta teatral de Novacaixagalicia para o último trimestre do ano

Segue fiel as súas liñas de traballo nas artes escénicas con grupos galegos e foráneos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A golpe de nota de prensa, Novacaixagalicia deu a coñecer onte a súa programación cultural para o ultimo trimestre nos seus centros de Vigo e Pontevedra. O capítulo das artes escénicas ábrese con Tricicle, que ofrece Garrik, o primeiro en empregra espectáculos de humor como medida terapéutica. Tamén estará Yllana, co violinista Ara Malikian en Paganini canda ela tamén haberá oco para o teatro galego da man de Obras Publicas, Voadora e O CDG coa súa Ópera dos tres reás. Na música, a actual caixa galega ofrecerá concertos de Víctor Manuel, Revólver e Los Secretos, canda dúas formacións orquestrais (A Sinfónica de Galicaia e a Estatal Rusa). A retrospectiva de Lee Miller en Vigo completa o panorama expositivo.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: e-scena, 49

A Feira Galega da Artes Escénicas, portada do último número de e-scena

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Vigo, Humor, Ópera...