O Teatro Principal de Tui non obtén a declaración de BIC

A negativa de Patrimonio pon en dúbida as posibilidades de recuperación do espazo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Teatro Principal de Tui, que acolleu os primeiros Xogos Florais do noso país, non será declarado Ben de Interese Cultural. A Dirección Xeral de Patrimonio desestimou a solicitude remitida polo concello a este respecto ao considerar que o edificio non é un dos máis importantes do país na súa categoría e mais polo seu estado ruinoso. Agora, a fundación que o mercara está a negociar a cesión do seu emprego ao concello, con vistas a buscar fórmulas que garantan a rehabilitación e o emprego do edificio. Mentres, xa se presentou unha reclamación para que a Patrimonio reconsidere a súa decisión.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Tui, Ben de Interese Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio