Ourense tramita a cesión de San Francisco ao Ministerio de Cultura

O Ministerio non aprobou oficialmente a recepción, malia que leva anos traballando na rehabilitación

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Leva executado o 80% das obras planificadas para San Francisco (con parálise de máis dun lustro incluída) e o concello de Ourense acaba de descubrir que o Ministerio de Cultura (daquela dirixido polo galego Mariano Rajoy) non aprobara oficialmente a recepción do monumento. Por iso, once anos despois de que iso acontecera, o concello de Ourense aprobará oficialmente a cesión este venres. Este é un trámite que esixe o Ministerio de Cultura para licitar as obras que permitan concluír as obras dos edificios. Segundo publica hoxe La Región, o proceso quedará resolto nunhas semanas.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, Concello de Ourense, La Región