Son as xornadas audiovisuais máis antigas de Galicia. A súa é unha historia de adiamentos, atrasos e mesmo de edicións sen celebrar, ao tempo que fan parte da historia do audiovisual deste paÃs. Nesta ocasión, as Xociviga non se desenvolverán no mes de agosto. Tal e como publica hoxe La Región, o cambio de goberno fixo que o actual equipo non teña tempo para organizar a súa celebración que, segundo se recolle nese mesmo medio, os anteriores rexedores non deixaron organizado nin orzamentado. Con todo, o novo concelleiro de cultura, Rodrigo González, espera iniciar os trámites para organizar este encontro no mes de setembro.