A Xunta galardoa o Instituto da Lingua e Ángel Carracedo coas medallas de Ouro

Os premios entregaranse o vindeiro 25 de xullo, Día da Patria Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

É a máxima distinción honorífica que pode conceder a Xunta de Galicia e este ano recaeu nun científico e nun centro educativo que leva corenta anos velando polo idioma propio de Galicia. Os novos posuidores da Medalla de Galicia son Ángel Carracedo, doutor en medicina e un dos máximos investigadores no campo da xenética e na súa aplicación dos seus resultados contra a doenza do cancro; e o Instituto da Lingua Galega, ILGA, un centro de investigación lingüística, mantido ao abeiro da Universidade de Santiago. Os premios entregaranse, como é habitual, o vindeiro 25 de xullo, Día da Patria Galega.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Lingua galega, Medicina, Instituto da Lingua Galega...