O Colexio de Informáticos abandona o Clúster TIC por non cumplir coas expectativas xeradas

EGANET e AGESTIC formularon a súa baixa a semana pasada

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Primeiro foron EGANET e AGESTIC e agora o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG)formaliza a súa baixa do Clúster TIC. As causas esgrimidas polos Informáticos é que non cumpren coas expectativas xeradas, así como unha tarifa única de cota de socios pese a que as empresas integrantes contan con realidades económicas diferentes. Pola súa banda, Eganet deuse de baixa a semana pasada ao considerar que o Clúster non realiza ningún proxecto, acción ou servizo que non realicen as asociacións empresariais, non representaba a todos os subsectores do hipersector TIC e non é o único interlocutor do sector. Mentres, pola súa banda o Cluster segue coa súa actividade habitual e acaba de convocar un concurso para a Oficina Técnica de apoio á Estratexia de Financiamento do Sector TIC por importe de 35.000 euros.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TIC, Asociacións

Claves

Conceptos