O Clúster Audiovisual Galego crea unha cota para as empresas máis novas

Pretende facilitar as novas empresas a súa adhesión á entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Co obxectivo de facilitar a adhesión de socios e tendo en conta que case a totalidade de empresas do sector son PEMES, o Clúster Audiovisual Galego acaba de crear a “cota emprendedor”. Trátase dunha modalidade de socio que lles permitirá ás novas empresas ter un prezo reducido na súa cota durante dous anos. A cota inicial (de carácter trimestral) será de 30 euros e irá incrementándose gradualmente ata igualar a do resto dos socios. Os requisitos para poder beneficiarse desta nova modalidade é que teñan domicilio social en Galicia e a súa data de constitución sexa inferior a dous anos da solicitude de adhesión ao CLAG.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Clúster Audiovisual Galego

Claves