Mundos Dixitais premia o proxecto Libro de Pedra cun 3D Award

Consiste nunha recreación 3D da Catedral de Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Mundos Dixitais premia o proxecto Libro de Pedra cun 3D Award

A proposta da empresa coruñasa Ilux Visual Technologies e Video Lab, co Grupo de Visualización Avanzada da Universidade da Coruña acaba de gañar un dos premios 3D Awards, un dos máximos galardóns en infoarquitectura. Foi na categoría de Real –Time Presentation (presentación dun espazo en tempo real), na que proxecto galego permite facer un paseo virtual pola Catedral de Santiago. Ademais, dentro da programación de Mundos Dixitais, hoxe é o día no que o sector profesional galego ten máis relevancia, xa que tres empresas galegas (Perro Verde Films, Otiiplanet e Moonbite Games) presentarán os seus últimos traballos.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Universidade da Coruña

Claves

Conceptos