A TVG regula a forma na que lle cheguen os proxectos e ideas para programas e contidos

O procedemento entra en vigor desde hoxe 1 de xullo

1/7/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Hoxe entran en vigor as regras que a dirección xeral da CRTVG estableceu para regular a forma na que os creadores e empresas presenten ideas para programas de interese para a empresa. Cada proxecto (que presentar unha copia en papel e outra en dixital) contará cun número de entrada, ha de incluír unha memoria que inclúa unha serie de apartados establecidos nas bases (calidade, identidade, difusión da lingua, promoción, innovación e tecnoloxía, reponsabilidade na xestión), así como unha serie de datos formais comúns a todos eles (títulos, xéneros, propostas de programación e multiplataforma, orzamento…) e específicos por proxecto.

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, Tecnoloxía, Identidade, CRTVG...