O Parque Natural do Monte Aloia conta, desde hoxe, co primeiro Plan Reitor de Uso e Xestión que ten un espazo protexido no noso paÃs. Logo de ser publicado onte no Diario Oficial, a norma que aprovou a Xunta o pasado mes de febreiro está xa en vigor e conta cun orzamento de 1.636.000 euros para o seu desenvolvemento. Entre as medidas máis inmediatas previstas por esta norma está a zonificación do parque en diferentes áreas con empregos máis ou menos restrinxidos. Ao tempo, desenvolveranse tres programas de actuación centrados na conservación da biodiversidade, nos aproveitamentos forestais e no úso público do espazo. O Plan tamén contempla o desenvolvemento dunha marca corporativa que identifique os valores do parque, creado en 1978.