Quiosco: A Xanela 31

A revista da Asociación Eira Vella dedícalle a Lois Pereiro a capa do último número

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Capa do número 31 de A Xanela

Capa do número 31 de A Xanela

Lois Pereiro centra a capa do número 31 da Revista cultural das Mariñas A Xanela, correspondente á primavera deste ano. Ademais, a publicación achega unha cronobiografía e unha selección de poemas deste autor, así como outro de Xulio L. Valcárcel dedicado á figura do homenaxeado no último Día das Letras. A Aula Municipal de Cultura de Betanzos acollía o pasado día 12 a presentación da nova entrega desta veterana publicación, que alberga creacións de prosa, poesía ou banda deseñada de man de autores como Víctor Tizón, Gabriela Rodríguez, Xuxo Torres ou Elena Veiga entre outros. Artigos sobre mitoloxía, historia, etnografía e música completan esta entrega.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: A Xanela, 39

Filgueira Valverde protagoniza a número de primavera da Revista Cultural das Mariñas

Quiosco: A Xanela 38

Unha homenaxe a Xulio Cuns centra a última entrega da revista mariñá

Quiosco: A Xanela, 37

Xosé María Díaz Castro centra a nova entrega da Revista Cultural das Mariñas

Quiosco: A Xanela 32

Quiosco: A Xanela 32

A Revista Cultural das Mariñas ten na rúa o seu segundo número de 2011

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Pereiro, Etnografía, Banda deseñada, Poesía...