Quiosco: Grial 189

A revista cultural centra no debate encol do común a súa nova entrega

Capa de <i>Grial</i> 189
Capa de Grial 189
Valar o común? é o lema que abre o número 189 da revita Grial, que acaba de ver a luz. No mesmo Carlos Fernández coordina unha serie de artigos que analizan as relacións entre os ámbitos públicos e privados en cuestións como a economía, a comunicación, a rede ou os dereitos de autor, entre outros ámbitos. Nese sentido atopamos colaboracións como as de Carlos Amoedo, profesor de dereito da Universidade da Coruña; María D. Garza e Manuel Varela, catedráticos de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, ou Daniel Fernández, licenciado en Filosofía. Comeza neste número un estudo sobre Santiago Montero Díaz, realizado polo historiador Núñez Seixas, e continúan as análises sobre pluralismo cultural e lingua cunha serie de artigos que tratan diferentes aspectos da lusofonía.