O Festival de cine Independente de Ourense ten como protagonista o cine galego

Un festival made in Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Ilegal (de Ignacio Villar) e a estrea de “13 badaladas” (de Xavier Villaverde) abrirán e pecharán, respectivamente, a VII edición do Festival Internacional de Cine de Ourense. Entre as novidades destaca unha retrospectiva sobre Woody Allen e Arxentina como país invitado, que completa as habituais seccións “Cine na emigración” (proxectando filmes de Juan Oriol), os documentais (estreando o documental gañador dun óscar), “Inédito en Ourense” (películas non estreadas na península) e en “memoria histórica” homenaxearase a actriz coruñesa María Casares. Ademais, haberá debate sobre o sector audiovisual, xornadas sobre telefilmes e unha mesa redonda redonda sobre os dereitos intelectuais do actor.

Máis información en Web do Festival de Cine de Ourense

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Xavier Villaverde, María Casares, Memoria Histórica...