Joaquín de Almeida recollerá en Ourense o premio internacional do décimo aniversario do Festival

Cine con ditongo

Xa hai programa definitivo do Festival de Cine de Ourense. As novidades desta edición pasan precisamente porque o Festival do Eixe Atlántico cumpre dez anos. Unha década que se conmemora cunha homenaxe ao actor portugués Joaquím de Almeida. Ao xa sabido, as homenaxes a Imanol Arias, Luís García Berlanga, os ciclos de “Cine e emigración”, “Cine en feminino” e os “Inéditos en Ourense”, a organización acaba de dar a coñecer a filmografía que conforma o apartado dedicado a Alemaña, o país convidado desta sección. Ademais, tamén haberá un oco para os habituais encontros co público, as exhibición nas aulas e as xornadas de formación para os alumnos das Escolas de Imaxe e Son.

Máis información no web do Festival e na nosa reportaxe