O Consello da Cultura presenta Paseniño, un método de aprendizaxe musical

A proposta de Antonio Cerviño parte de melodías tradicionais galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Aproveitar as melodías tradicionais galegas para aprender a tocar o violonchelo, a percusión, o clarinete, o violín ou a trompeta. Esta é a proposta que fai Antonio Cerviño Loira co seu método Paseniño, que agora ve a luz da man do Consello da Cultura. A sede da institución en Compostela acolle ás 19 horas de hoxe o acto de presentación dos cincos libros que, polo momento, conforman esta iniciativa. Logo da intervención do autor e de Maximino Zumalave, coordinador da Sección de Música do Consello, desenvolverase un concerto de pezas populares a cargo de Rosalía Vázquez (violonchelo), Luís Lugo (trompeta), Lourdes Sánchez-Décima, Antonio Cerviño (piano) e a Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela baixo a dirección de José Luis Vázquez.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Maximino Zumalave, Catedral, Catedral de Santiago, Santiago de Compostela...