A Xunta achega 3 millóns de euros para planificar o urbanismo de cascos históricos

Vinte concellos de menos de 50.000 habitantes recibirán estas axudas

23/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Facilitarlle a concellos de menos de 50.000 habitantes ferramentas urbanísticas para planificar e protexer os seus cascos históricos. Este é o obxectivo das axudas por valor de 3.075.519 euros que concedeu a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a vinte municipios deste tipo, que deberán abordar agora a elaboración dos plans especiais para as súas zonas monumentais.

En concreto, os concellos beneficiados foron Camariñas, Fisterra, Padrón, Pontedeume e Vedra na Coruña, Castro de Rei, Castroverde, Chantada, Monforte de Lemos, Monterroso, Sarria e Ribadeo en Lugo, Castro Caldelas, Manzaneda, Xunqueira de Ambía, Melón e O Barco de Valdeorras en Ourense e Baiona, O Rosal e Tui en Pontevedra.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito