OQO lánzase á edición en polaco

Dúas obras da editora levaron premios das Ikastolas bascas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Kolekcja OQO é o selo co que sairán en Polonia os títulos da editora galega OQO, que inicia neste país unha colaboración coa firma Tako. Chocolata, Cocorico e A princesa que bocexaba a todas horas son os primeiros títulos que verán a luz. A eles seguirán, ao longo do ano, traducións de Corre corre, cabaciña, Loboferoz, Os tres porquiños, A tartaruga que quería durmir e Fume. Precisamente Cocorico e A princesa que bocexaba a todas horas levaron o segundo e o terceiro dos premios que outorgan anualmente os alumnos da Federación de Ikastolas no País Vasco. En concreto foron os alumnos de entre 3 e 6 anos os que escolleron estes títulos, coeditados con Txalaparta.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OQO, Polonia, País Vasco

Claves

Entidades