O Instituto da Lingua Galega compre corenta anos

Un acto académico lembra esta tarde a creación deste organismo

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia acolle esta tarde, a partir das 19 horas, o acto académico co que a Universidade de Santiago conmemora os corenta anos do Instituto da Lingua Galega. A conmemoración contará coa presenza do reitor, Juan Casares e mais a directora do ILG, Rosario Álvarez, entre outros persoeiros. Media hora antes, descubrirase unha placa conmemorativa na sede do Instituto, diante mesmo da Facultade. Desde a súa creación, o ILG desenvolveu un traballo fundamental á hora de fixar a norma oficial do galego e na investigación sobre a nosa lingua, con traballos como o Atlas Lingüístico Galego.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Corenta anos de lingua

Corenta anos de lingua

O Instituto da Lingua Galega celebra o seu aniversario coa integración das novas tecnoloxías como grande desafío

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Instituto da Lingua Galega, ILG, Rosario Álvarez...