Hai corenta anos, un cuarto no faiado da Facultade de Historia acollía a posta en marcha do Instituto da Língua Galega. Desde aquela, esta institución pioneira marcou de xeito decisivo o xeito no que concibimos e practicamos a nosa lingua. Logo de anos dunha primacía indiscutida na investigación e análise do galego, o ILG enfróntase aos retos das novas tecnoloxías nun contexto no que comparte espazo con múltiples iniciativas e organismos.
Dun pequeno espazo a una centro de investigación punteiro e moitos campos que conta con preto de 60 persoas a traballar entre investigadores, bolseiros e colaboradores. En corenta anos a evolución do Instituto da Lingua Galega foi grande, pero maior foi aínda a súa pegada na sociedade galega. Non esquezamos que este organismo, dependente da Universidade de Santiago, foi quen elaborou, en colaboración coa Real Academia, as Normas ortográficas e morfolóxicas que hoxe rexen o noso xeito de escribir, e tamén quen promoveu as súas reformas. Do mesmo xeito, estamos ante a institución responsable dos primeiros métodos de ensino de galego e do principal centro de investigación sobre o xeito no que se fala a nosa lingua.
Espazos e recursos
Lembro cando era estudante que o Instituto ocupaba un cuarto diminuto no faiado da Facultade de Historia, lembra Rosario Álvarez, directora deste centro desde 2005. Cando comecei a traballar alí xa estábamos no edificio de Mazarelos, compartindo espazo con Filoloxía Románica, logo fomos a parar ao soto e en 1984 o reitor cedeulle ao padroado do ILG o edificio López Ferreiro, no que estamos agora. Isto non só era un espazo para traballar senón que tamén representaba a aposta da Universidade polo centro. Para alén dos espazos, o ILG tamén viu neste tempo un importante avance nos recursos para investigación. Na actualidade traballan vencellados ao centro arredor de corenta persoas, dos cales a metade aproxidamamente nos profesores titulares da Universidade que non cobran por ser membros do Instituto, aclara a actual directora do centro. Canda a eles, un número semellante de bolseiros e aínda outros tantos colaboradores externos completan un cadro que está á cabeza da investigación lingüística no noso país. Temos arredor de 25 colaboradores externos, entre os que se contan investigadores de universidades como Vigo, A Coruña ou Lisboa, profesores de ensino secundario ou membros de equipos de normalización que, por non facer parte da USC non poden integrarse no cadro do Instituto. Malia ao crecemento de actividades, nos últimos anos o ILG enfróntase ao problema da falta de renovación do seu persoal, xa que a crise económica que está a pasar a universidade dificulta a incorporación de novos investigadores ao proxecto.
A evolución dos traballos
Para alén da evolución material, nestas catro décadas tamén foron evolucionando os focos prioritarios de actuación da entidade. Aínda que mantemos practicamente os mesmos obxectivos desde o comezo, tal e como recollen os estatutos, co tempo a situación mudou e puidemos dedicarnos a diferentes cousas, lembra Álvarez. Deste xeito, nun primeiro momento boa parte da actividade do Instituto estaba centrada na urxente estandarización do idioma. Comezamos co Galego 1 (1971), as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1982), co Vocabulario Ortográfico e cunha primeira gramática. Esa é unha liña que non se abandonou, e agora estamos a preparar a nova gramática para a Real Academia, explica a directora. Nos primeiros anos tamén estabamos moi enfocados no ensino do idioma para adultos, especialmente para a formación dos profesionais que ían ter que tirar da normalización. Neste campo xa en 1975 a institución desenvolveu os primeiros cursos para mestres, unha liña que continuaría de xeito intenso ata comezos dos anos anos 80. Co tempo ese espazo foise abandonando, porque xa a Xunta comezou a se encargar diso e a nosa participación non era tan necesaria e mesmo podía ser inconveniente ao estarmos moitos a traballar no mesmo aspecto. Si continuamos a organizar os cursos para estranxeiros no verán, apunta a actual directora do centro. De xeito semellante, a edición de materiais para o ensino da lingua que ocupou boa parte do tempo do Instituto nos primeiros ano logo da súa fundación A idea era que persoas que eran falantes puidesen acceder ás destrezas escritas e a un modelo de galego estándar. Isto foise abandonando segundo as editoras foron asumindo esta tarefa.
Base de normalización
Tamén atopamos no Instituto a base de iniciativas de normalización, como foi a colaboración na posta en marcha dos primeiros equipos dedicados a esta materia. Cando se vía podía darse unha normalización da lingua creamos unha sección de linguaxe administrativa, e elaboramos formularios e impresos. Tamén e outra tarefa que abandonamos unha vez que se desenvolveron os equipos de normalización lingüística, que se foron artellando plataformas e colectivos neste sentido e que naceu tamén o proxecto Termigal, que era quen se ía encargar precisamente da terminoloxía, aínda que ao final non fixo grande cousa, lembra Álvareez. Do mesmo xeito, o centro mantén o traballo para prestixiar o galego ante a propia sociedade e a difusión da lingua a nivel internacional. En xeral, segundo recoñece a directora, ao longo do tempo fomos abandonando áreas de traballo en función de que a administración ou a sociedae fosen tendo outras instancias para desenvolvelas.
Da soidade a un espazo multipolar
Desde a súa creación e ata comezos dos anos 80 o ILG ocupou un lugar central no desenvolvemento do galego tal e como o coñecemos e na posta en marcha de iniciativas arredor da lingua. No entanto, co tempo, a reactivación da Real Academia, canda á creación de o desenvolvemento de organismos como os equipos de normalización lingüística, o Centro Ramón Piñeiro, o Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura e, en xeral, o desenvolvemento das políticas de normalización resituaron o Instituto nun panorama de múltiples propostas arredor da nosa lingua. Encol desta mudanza, Álvarez apunta que non é bo ser o centro por ser o único. É máis interesante para a sociedade galega que haxa múltiples mecanismos, institucións e entidades que sexan complementarias e que entre todas axuden. Nese sentido, socialmente é positivo que o ILG deixase de estar practicamente só.
Conflitos superados
Se ben é certo que na actualidade en xeral o ILG mantén relacións fluídas con todos estes organismos, non se pode negar que ao longo da súa hístoria viviu conflitos. Deste xeito, xa nos primeiros anos houbo disensións coa Real Academia polas diferentes propostas encol da normativa para o galego que se fixera desde o Instituto, lixeiramente diferente da propugnada desde a RAG. No entanto, co tempo a colaboración entre institucións foise amañando, segundo lembra Álvarez. A RAG tivo un repunte de actividade nos mandatos dos últimos presidentes, desde Francisco Fernández del Riego. Recuperou actividade e pasou a asumir unha serie de tarefas outorgadas pola Lei de Normalizaición, e iso é algo polo que nos debemos felicitar. Na actualidade non hai ningún tipo de conflito nin nada que non se poida entender como complementariedade. O último roce deuse, en 2001, durante o proceso de reforma das Normas ortográficas e morfolóxicas, cando a RAG rexeitou inicialmente a proposta do ILG e das universidades galegas ao respecto, o que levou a modificar a mesma. Outra fronte que tivo aberta o instituto no seu día foi a creación do Centro Ramón Piñeiro desde a Xunta de Galicia. Aí si que sentimos que se ía contra nós, lembra a actual directora. E é que este espazo de investigación en humanidades tiña no estudo da lingua e da literatura unha das súas principais actividades. Mesmo agora, visto con certa distancia, o seu nacemento fíxose na nosa contra. Pero, unha vez pasado aquela cuestión inicial, neste momento mantemos unha relación cordial e non temos ningún tipo de antagonismo que nos dificulte as respectivas tarefas. Hai traballo para todos.
Liñas actuais
Na actualidade a invetigación da lingua centra a maior parte do traballo que se desenvolve o instituto. Tamén o literario, pero sobre todo, e desde o comezo, o noso norte foi estudar o galego que fala a xente. Desde comezos dos anos 70 temos máis de 8.000 gravacións que cobren todo o territorio. Ademais tamén desenvolvemos varias campañas de enquisas, e aínda na actualidade continúa a recoller léxico, expresións da gramática e a prosodia e a fonética dos falantes de galego. A partir disto temos grandes arquivos de léxico e tamén bases de datos a nivel gramatical que se basea neste material e o Atlas da Lingua Galega que tamén aproveita este traballo. A falar da lingua literaria os grandes proxectos son as bases de datos que recollen a lingua literaria medieval e moderna, coñecidas como Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega e Tesouro Informatizado da Lingua Galega, recompilacións que, a partir de textos, permiten coñecer o emprego real de palabras en diferentes momentos e contextos, o que supón unha destacada ferramenta para investigadores.
A modernización pendente
Malia a que, desde o seu nacemento, o ILG apostou por ofertar recurso modernos, incorporando as novas tecnoloxías ao coñecemento da lingua, e o centro é unha referencia en ámbitos como a variación lingüística e a cartografía. Na actualide, a modernización dos recursos que encol da lingua que desenvolve o ILG é un dos principais obxectivos deste centro. Levamos tempo traballando coas tecnoloxías da información e da comunicación, con propostas bastante novidosas e recursos que non teñen linguas de prestixio próximas. Pero queremos máis ir máis alá, adianta Álvarez. Queremos celebrar o seguinte aniversario redondo, os 50 anos, tendo dado un importante salto cuantitativo e cualitativo. Por unha banda trátase de modernizar moito tecnoloxicamente o tratamento de datos e dos seus resultados. Queremos traballar de xeito especial a multiedición filolóxica de textos por Internet apostar por unha edición que aproveite ao máximo as posibilidades da tecnoloxía, ligando textos con facsímiles, diferentes edicións e todo tipo de recursos, explica. Tamén pretendemos ofertar un Corpus do Galego Oral etiquetado de xeito que sirva para investigadores de todo o mundo e áreas como a fonética, a fonoloxía ou a prosodia. E finalmente pretendemos aproveitar as posibilidades da cartografía lingüística. A idea é non só ofertar mapas a través de Internet, senón aproveitar ao máximo estas posibilidades, completa a actual directora. Canda a isto a elaboración da nova gramática e mais do Dicionario dos Apelidos Galegos nos dous casos para a Real Academia, completan os retos actuais do centro.
40 anos do ILG. Principais fitos.Dun pequeno espazo a una centro de investigación punteiro e moitos campos que conta con preto de 60 persoas a traballar entre investigadores, bolseiros e colaboradores. En corenta anos a evolución do Instituto da Lingua Galega foi grande, pero maior foi aínda a súa pegada na sociedade galega. Non esquezamos que este organismo, dependente da Universidade de Santiago, foi quen elaborou, en colaboración coa Real Academia, as Normas ortográficas e morfolóxicas que hoxe rexen o noso xeito de escribir, e tamén quen promoveu as súas reformas. Do mesmo xeito, estamos ante a institución responsable dos primeiros métodos de ensino de galego e do principal centro de investigación sobre o xeito no que se fala a nosa lingua.