A edición deste ano do Festival de Cans préstalle unha especial atención á banda deseñada. Por unha banda, o debuxante David RubÃn presenta o sábado 21 ás 17 horas, no marco do ciclo Mirada de Cans Can Car Oddisey, unha curtametraxe de imaxe real que ironiza sobre o propio mundo do audiovisual galego. Na mesma sesión, que introducirá Manuel Rivas, proxectarase tamén o documental RadiografÃa dun autor de tebeos que realizou Marcos Nine sobre RubÃn. Xa na tarde anterior, venres 20, a sección Fillos de cans acolle ás 18:30h a presentación da longametraxe Arrugas, que adapta a BD homónima coa que Paco Roca obtivo o Premio Nacional de Cómic. Finalmente, na sección de Animación poderá verse a partir das 16:30 horas do sábado a curtametraxe Birdboy, codirixida por Alberto Vázquez e baseada na súa banda deseñada Psiconautas.