Marisol Gándara leva o premio Añón de Poesía

María Canosa levou o Avelina Valladares

18/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A casa da Cultura de Outes acolleu onte a entrega dos premios do XV Certame Francisco Añón de Poesía. Marisol Gándara, co seu poemario Manuscrito segundo da poeta caníbal, fíxose cos mil euros e mais a publicación da obra con que está dotado o premio. O xurado ademais outorgou os galardóns nas categorías de 8 a 9 anos, para Iago Santos Moledo, de 10 a 11, para Lucía Valle-Inclán, de 12 a 14 para Marecela Porto matos, e na categoría de 15 a 17 premiou a Laura Porto Mato. Ademais, outorgou diferentes accésits que tamén serán publicados. Pola súa banda, María Canosa recollía onte o premio Avelina Valladares de poesía pola súa obra Ronca o mar. O xurado destacou a "sonoridade e a cohesión interna" do poemario, que será publicado por Edicións Fervenza.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, María Canosa, María Canosa, Casa da Cultura...

Claves

Lugares