A Xunta achegará quince millóns de euros para ampliar a banda larga no rural

O proxecto prevé achegar esta infraestrutura a máis de 250.000 galegos

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

O Plan de Banda Larga 2010-2013 da Xunta investirá máis de 15 millóns de euros ata o vindeiro 2013 en axudas para facilitar o acceso a esta infraestrutura no rural. A previsión do goberno galego é que este investimento leve Internet a alta velocidade en 11.000 núcleos rurais e achege o servizo a máis de 250.000 usuarios. Os fondos distribuiranse en subvencións que cubrirán ata o 40% da actuación en cada un dos núcleos para os que se soliciten. Os Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional son a orixe dun 80% destas achegas.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Goberno Galego

Claves

Entidades
Conceptos