A Xunta establece un Plan para que a totalidade de Galicia teña banda ancha no 2013

O deseño das comunicacións incluiranse nos planos de ordenación urbanística

| Santiago. Redacción | Seccións: Novas Tecnoloxías
Compartir:

Os últimos estudos evidenciaron que só o 30% da pobocación tiña acceso en banda ancha e que existía unha fenda dixital importante entre as zonas costeira e do interior. Unha situación que a Xunta pretende darlle a volta co seu Plan Director de Banda Ancha aprobado no consello celebrado hoxe. O documento contén a folla de ruta entre o presente e o 2013, ano no que o 96% da poboación terá conexión a internet de alta velocidade. Entre as medidas que contén ese documento figura potenciar o papel de Retegal, como operador público, así como incluir as redes de comuncación nos plans urbanísticos das cidades que figuren nun actualizado e detallado mapa de infraestruturas. A estes fins, a Xunta achegará 102 millóns de euros e prevé conseguir outro tanto (130 millóns) por parte de capital privado e outras administracións (local, provincial ou estatal).

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet

Claves

Conceptos