A Coruña acollerá a II edición de Expotaku

Será entre os días 20 e 22 de maio no recinto ExpoCoruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Cartel de Expotaku 2011

Cartel de Expotaku 2011

Logo do éxito acadado o pasado ano, Expotaku volta á Coruña. Desta volta, o salón dedicado ao manga e mais á cultura xaponesa, celebrarase entre o 20 e o 22 de maio e duplica a súa superficie ata chegar aos 4.000 metros cadrados. O programa inclúe exposicións como a de pin-ups do ilustrador Pintureiro, presenza de autores españois de manga, concursos de disfraces, karaoke, coreografía e outras iniciativas. O prezo das entradas é de 3 euros para un só día e de 7 euros o bono para todo o evento.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Exposicións

Claves

Conceptos
Lugares