A Coruña acollerá un salón dedicado ao manga e á cultura nipona

Expotaku celebrarase os vindeiros 22 e 23 de maio e terá outra edición en Barcelona

25/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
20 lecturas | Compartido 0 veces

Os vindeiros 22 e 23 de maio a Avenida da Universidade da Coruña acollerá a primeira edición de Expotaku, salón centrado no manga e a cultura nipona. O encontro, que ten aberta a inscrición para quen estea interesado en contratar postos, está organizado polo colectivo Mangalego. Entre as actividades propostas están concursos de disfraces, karaoke ou videoxogos, así como obradoiros de creación de amuletos, tatuaxes ou bonecos, entre moitos outros. O proxecto contará tamén cunha cita homónima en Barcelona, en datas aídna por fechar, e que organizará a Federació Otaku de Catalunya. Está previsto que a entrada ao evento herculino custe 5 euros para os dous días.

Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Barcelona, Catalunya, Mangalego...

Claves

Protagonistas