A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave, ofertará o vindeiro 17 de maio ás 20 horas un recital na Igrexa de San Domingos de Bonaval, en Compostela. O Consello da Cultura Galega organiza este Concerto das Letras Galegas, no que a música se combinará con textos de destacados autores da nosa letra. Co acompañamento da soprano Carmen Durán e do coro Collegium Compostellanum, interpretaranse obras de Pascual Veiga, Antón García Abril, Antonio Iglesias, José Castro Chané e Rogelio Groba sobre textos de Rosalía de Castro, Álvaro de las Casas, Ramón Otero Pedrayo, Manuel Curros Enríquez e Xosé Filgueira Valverde.