Unha obra de OQO é a unica galega na lista do Banco do Libro de Venezuela

Poe, con ilustracións de Alberto Vázquez, obtivo duas mencións

Caja de Cartón, de Txabi Arnal, con ilustracións de Hassan Amekan e editado por OQO, é a unica obra publicada en Galicia que fai parte da lista 2011 do Banco do Libro de Venezuela. Esta lista selecciona anualmente os mellores títulos de literatura infantil e xuvenil en castelán de todo o mundo. Canda á obra editada por OQO, obtivo dúas mencións na lista Poe, un libro de Jordi Sierra i Fabra ilustrado polo galego Alberto Vázquez. A obra, que se achega á biografía de Edgar Allan Poe, foi seleccionada nas categorías de Originales e mais Los jóvenes hablan para obras xuvenís.