Cultura iniciará os traballos na Catedral de Ourense o vindeiro mes de xuño

A demora das intervencións provocara un amplo debate social

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A vindeira semana contrataranse as actuacións destinadas a mitigar as graves humidades que lle afectan á Catedral de Ourense, de xeito que os traballos poidan comezar en xullo. A Consellaría de Cultura explicaba esta mañá a situación do proxecto logo de que o Arcebispado da cidade e colectivos como ADEGA denunciasen a demora nunha actuación que está anunciada desde hai xa dous anos. Os 60.000 euros servirán para evitar as filtracións que se producen de xeito continuado desde o cimborio do edificio e que están a danar diferentes partes do edifico. Ademais, Cultura anunciou para unha segunda fase que investirá outros 60.000 euros no Pórtico do Paraíso.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Ourense, ADEGA

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares