TresCtres presenta o Dicionario Lois Pereiro

Cataluña e Madrid súmanse ás celebracións do Día das Letras

Como vén sendo habitual nos últimos anos, a editora TresCtres lanzou o seu Dicionario Lois Pereiro. A obra explica contexto histórico da vida e da obra do poeta, recursos didácticos, e fragmentos das creacións do homenaxeado no Día das Letras, entre outros contidos a cargo de María Xesús Nogueira. Ao tempo, amplíanse as celebración arredor da figura de Pereiro. En Barcelona, o Centro Galego acolle a partir das 20 horas do 28 de abril a exposición Pereiro: Mensaxe de vida e furia na que trinta creadores de diferentes nacionalidades homenaxean o poeta. O proxecto está artellado polo colectivo Catalizador. Pola súa banda, en Madrid, o vindeiro 17 de maio unha conferencia de Luís Luna sobre o autor e unha lectura colectiva conmemorarán a data no Centro Asociado UNED Escuelas Pías.