A Deputación da Coruña outorga o seu premio Rosalía á Mesa pola normalización lingüística

A entrega terá lugar o vindeiro 7 de maio en Carballo, durante a IV Festa da Lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Mesa pola Normalización Lingüística está estes días de felicitación por un dobre motivo. Aos vinte e cinco anos que acaba de cumprir, súmaselle o premio Rosalía que concede a Deputación da Coruña. Trátase dun premio honoríco, que non ten dotación económica, e que recoñece a súa “traxectoria a prol da normalización da lingua galega en moitos ámbitos sociais e públicos”. A entrega do galardón terá lugar o vindeiro 7 de maio durante a IV Festa da Lingua que este ano se celebra en Carballo.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Carballo, Normalización Lingüística, Lingua galega...