O CGAI incrementa o seu fondo documental con cen títulos relacionados co agro galego

Son arredor de 350 copias de filmes de carácter histórico

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Consellaría de Medio Rural contaba no seu departamento cunhas 350 copias que correspondían a un centenar de filmes documentais históricos relacionados coa agricultura e co traballo no campo galego. Un material que pasará a custodiarse e analizarse no Centro Galego de Artes da Imaxe grazas a un convenio que firmaron o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, e o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez. Na listaxe de traballos hai documentais como Lúpulo, que Jesús Franciso Gonzáález de la Riva y Vidiella, Marqués de Villa Alcázar, elaborou en 1950 ou La mujer y la comunidad rural, que difunde as innovacións e coñecementos na agricultura e no medio rural.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medio Rural, Documentais, Documental, CGAI...