Capa e Puñal, dous personaxes icónicos da editora estadounidense Marvel voltarán á primeira liña da man de Emma RÃos. A galega debuxará unha miniserie de tres números con estes protagonistas guionizada por Nick Spencer, o que supón un novo paso na súa carreira no Estados Unidos. Pola súa banda, David Macho, representante de distintos autores en Estados Unidos, debutou recentemente como guionista. Macho escribiu unha historia de sete páxinas para un volume especial protagonizado pola Liga da Xustiza. Na súa historia, debuxada por Miguel Munuera, os personaxes Lobo e Lume visitan un dos cÃrculos do inferno que Dante describiu en A divina comedia.