A Casa de Galicia en Madrid acollía onte a presentación do I Festival Internacional Rías Baixas. Entre o 1 e o 23 de xullo, Vigo acollerán no marco deste evento actuacións como as do Ballet Nacional de Uruguay e o de España, sondeseu, Teresa Berganza, Luz Casal, Ana Belén, Verónica Forqué, Carmen Acosta, Ross Craigmile ou Caroly Carlson entre outros. Ademais, tamén se incorporará ao proxecto a Opera dos tres reás que está a preparar o Centro Dramático Galego e se celebrarán mesas redondas e conferencias. Celestino Aranda, Miguel Narros e Sancho Gracia dirixen o proxecto, que conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais a Deputación de Pontevedra, a Consellería de Cultura e Turismo, o Ministerio de Cultura e mais a Secretaría Xeral Iberoamericana.
O festival Rías Baixas achegará música, danza e teatro a Pontevedra
Celestino Aranda, Miguel Narros e Sancho Gracia dirixen o proxecto, que se desenvolverá o vindeiro mes de xullo
22 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Rías Baixas, Pontevedra, Teatro, Danza...
Claves
Protagonistas
Entidades
Lugares
