Representantes da Asociación de Amigos da Ópera da Coruña, a Consellería de Cultura e Turismo e a concellería de Cultura da cidade herculina presentaron hoxe o programa do Festival da Ópera da Coruña que se celebrará en setembro. Nesta nova edición que fai o número 59 está composto por dúas óperas, Rigoletto e LElisir dAmore, un concerto lírico, o ciclo Novas voces galegas e a estrea na cidade da Ópera dos tres reás do Centro Dramático Galego (CDG). Ademais, están previstas conferencias, encontros e películas que serven para informar aos socios e ao público das actividades do festival.
O Rigoletto de Verdi contará co barítono Leo Nucci, a soprano María José Moreno e o tenor Mikeldi Atxandalabaso. Á fronte da OSG e da Coral Polifónica El Eco estará Miguel Ángel Gómez Martínez. Pola súa parte, Emilio Sagi firmará a posta en escena. As representacións serán os días 5 e 7 de setembro no Palacio da Ópera. O tenor canario Celso Albelo protagonizará LElisir damore de Donizetti coa soprano Irina Lungu, o barítono coruñés Javier Franco e Bruno de Simone. A dirección musical correrá a cargo de Cristóbal Soler. O Festival da Ópera da Coruña tamén recupera a colaboración do Teatro Villamarta Jerez, que regresa cunha produción de Francisco López. As actuacións serán os días 30 de setembro e 2 de outubro no Palacio da Ópera.
O concerto lírico, ao que se suma a Orquestra Sinfónica de Galicia, contará coa mezzosoprano Daniela Barcellona e coa soprano Majella Cullagh. As dúas artistas únense a Marcelo Panni para ofrecer un concerto centrado no bel canto. A gala terá lugar no Palacio da Ópera o 16 de setembro ás 20.30 horas.
O Festival da Ópera da Coruña tamén programa o ciclo Novas voces galegas, que estará dedicado este ano á soprano Alba López, que actuará o 23 de setembro. Ademais, contará con espectáculos fóra do programa xeral, como a presentación na Coruña da Ópera dos tres reás, o título de Kurt Weill e Bertolt Brecht que ofrece o Centro Dramático Galego (CDG) protagonizado por Luís Tosar. As representacións serán o 17 e 18 de setembro no Teatro Colón.