Cultura edita un disco de temas tradicionais interpretados por unha soprano

Cristina Gallardo-Domás é a voz do proxecto Lela

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentaba esta mañá no Gaiás Lela, un disco no que a soprano chilena Cristina Gallardo-Domás interpreta 14 temas tradicionais galegos. O proxecto, desenvolvido en colaboración coa Fundación Paideia e a Orquestra Gaos, inclúe versións de temas populares adaptados por compositores como Juan Montes, Pascual Veiga, Juan José Castro (Chané), Marcial del Adalid, Andrés Gaos o Luis Taibo. Segundo sinala a Consellaría de Cultura, con esta iniciativa temas da nosa tradición "pasarán a formar parte do repertorio dunha das mellores sopranos do noso tempo, habitual de todos os grandes teatros e festivais internacionais". A edición deste disco inclúese nas actividades do Ano da Música.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pascual Veiga, Marcial, Roberto Varela, Fundación Paideia...