O Colexio de Arquitectos entrega os seus XIV premios

A Casa Mercedes da Coruña, o Centro Castrexo de San Cibrán de Las ou a remodelación do Porto de Malpica son algúns dos galardoados

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Proxecto do Porto de Malpica galardoado polo Colexio de Arquitectos

Proxecto do Porto de Malpica galardoado polo Colexio de Arquitectos

Os XIV premios do Colexio de Arquitectos de Galicia premiaron intervencións adaptadas ao seu contorno e que priorizan valores propios e materiais tradicionais. O xurado destes galardóns considerou a Casa Mercedes en Cidade Xardín (A Coruña) como mellor edificio de nova planta, mentres a mellor rehabilitación foi para un proxecto no casco histórico vigués. En Espazos Públicos Abertos seleccionouse a remodelación do Porto de Malpica, en Planificación Urbana o conxunto residencial Mazá Massó en Bueu e en Interiorismo o Centro Cultural da Universidade da Coruña. O premio de Arquitecturas Efémeras foi para o acto de imposición de manos que se celebrou en Baiona.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Malpica, Colexio de Arquitectos de Galicia, Universidade da Coruña, Baiona...